Your search
Results 178 resources
-
Within just a generation or two of its arrival, print had become a ubiquitous and spirited part of Spain and Portugal's urban cultures. It serviced an ever-expanding reading public, as well as many and varied practical quotidian needs. Its impact on society was multi-dimensional and complex, and its social reach far broader than the civic or ecclesiastical elites were ever to be entirely comfortable with. This cross-disciplinary volume of essays focuses on the maturing marketplace for print in the first half of the seventeenth century, shedding new light on some important transformations, with authors and publishers seizing opportunities available to them - negotiating the regulatory efforts of the censors, and scrambling to reconfigure their relationship with their readers
-
A literatura galega afianzou a súa proxección exterior a través da intra e da extratradución, sobre todo desde a cooficialidade do idioma (1981). Unha peza importante neste proceso é o activismo intelectual, editorial e tradutolóxico de Carlos Casares. Neste artigo analizamos a proxección exterior da literatura galega desde o marco da Socioloxía da Tradución (Heilbron e Sapiro, 2002) conforme ao modelo de obstáculos e dificultades á tradución (Sapiro dir., 2012). A partir dos datos da Biblioteca da Tradución Galega (BITRAGA) e de documentación publicada e inédita de Casares, identificamos as dificultades de proxección dunha literatura minorizada, bosquexamos as regras de relación entre sistemas literarios na época partindo dunha posición subalterna e consignamos, de ser o caso, as súas estratexias para rebordar esas dificultades.
-
Este artigo é o resultado dun estudo sobre a situación dos libros da literatura galega publicados en inglés. Son, polo menos, 32 libros galegos (títulos individuais e escolmas) publicados en inglés, principalmente no Reino Unido. Inténtase indagar en quen os publica e por que, e na cantidade de exemplares que se venderon. Sublíñase o feito de que son os editores quen deciden qué libro se vai publicar, e non os tradutores, e que os editores teñen interese sobre todo na boa literatura e moito menos na lingua en que foi escrita. Dáselle especial atención a algunhas das editoriais comerciais (Harvill Secker, Everyman, Arcadia, Shearsman Books e Planet) e non tanto ás editoriais universitarias ou pertencentes a organizacións culturais dentro de Galicia.
-
Las autoras de Translation Quality Assessment Policies from Galicia que ha sido publicado por la prestigiosa editorial Peter Lang nos brindan algunas de las mejores contribuciones sobre el control de calidad en traducción y las políticas de traducción editorial. Para ello han sabido aprovechar la experiencia y el buen hacer de una serie de agentes y actores cuyo papel en el mercado internacional del libro en general y del libro traducido en particular, aunque esenciales, apenas han sido tratados en los estudios de traducción
-
[Resumo] Até ben entrada a década dos oitenta, a tradución serviu para prestixiar a lingua e cubrir moitos baleiros do campo literario galego, sobre todo o que ía directamente dirixido ás persoas máis cativas. Ademais, a escolla dos temas e obras pretendía fortalecer un ideario identificador como foi o labor das e dos intelectuais da época Nós. Aínda que estas funcións seguen a ter a súa relevancia, con este traballo demostramos que a produción literaria traducida desenvolve outras facetas nos últimos anos. A función normalizadora lingüística pasa a un segundo posto nesta última década para outorgarlle o protagonismo á normalización cultural. Como veremos na análise realizada a partir dos datos, a tradución fai posible que se incorporen ao patrimonio cultural galego novos discursos, coñecementos e formas de pensamento, que se afastan en ocasións, da dinámica xeral que caracteriza as linguas fortes ou hexemónicas. A preocupación por traducir textos procedentes de novos lugares e novas materias é cada vez maior, aínda que seguimos a depender dos sistemas máis próximos que deciden o canon, e esa dependencia por veces tampouco é allea a territorios máis distantes importados. É imprescindible decatarse de que temos unha visión europeísta e limitada do que se considera universal, e o papel da investigación debe ser o de interesarse, tanto polas motivacións que conducen a que un texto sexa traducido e como se traduce, así como polos discursos creados ao seu redor e as razóns que levan a que determinados textos e autorías non cheguen a ver a luz.