Search
Full bibliography 5.329 resources
-
21/5/2024 -
-
Algunhas reflexións sobre a autoedición (e II) Xesús González Gómez. Todos sabemos que a autoedición é o elo máis débil do recoñecemento literario. Poucas veces os libros publicados en autoedición van máis alá dun círculo restrinxido. Os libros autoeditados son considerados polas librarías como artefactos publicados por xente non coñecida, que non son interesantes e, xa que logo, a súa venda, se
-
César Lorenzo Gil. Se naciches no 1990 ou máis tarde, se che gusta escribir e queres formar parte dunha experiencia única na literatura galega, tes moi poucos días para participares na décima edición do Premio Biblos de Creación Literaria para Mozos e Mozas. O prazo de admisión de proxectos literarios acaba o 18 de marzo. O Premio Biblos, que este ano se
-
Os vinte anos transcorridos dende que o Consello da Cultura Galega editara o primeiro informe da comunicación en Galicia deixáronnos cambios substanciais no sector. A unha significativa eclosión de empresas, medios e proxectos sucedeulle a presente crise económica, con forte impacto no ámbito comunicativo. As augas baixan revoltas, con moitos interrogantes sen resposta, tanto para as empresas como para os xornalistas, e cun convencemento xeral de que no futuro haberá grandes transformacións na industria e na profesión. As dezasete contribucións que inclúe este volume -o último en formato papel- constatan as grandes mudanzas producidas dende hai dúas décadas en Galicia en eidos como a radio, a televisión, a industria publicitaria, as relacións públicas, a prensa, o cine, a internet, as novas tecnoloxías, a lingua galega ou a profesión xornalística. Amosan tamén que o mañá se albisca cheo de incertezas e de oportunidades, se a brétema dos avances tecnolóxicos e da crise económica non nos fai esquecer a importancia dos contidos e da sociedade que, de xeito cada vez máis activo e crítico, os recibe e emite. Pero iso deberá analizarse nos informes futuros, que verán a luz só en edición dixital. Cousas dos tempos da nova etapa.
-
Darío Xohán Cabana. Manuel Veiga Taboada. Probabelmente, o lector, mesmo o interesado na literatura galega, non poña de inicio grande interese en facerse con este libro póstumo de Darío Xohán Cabana. Un libro de ensaios que ocupa 450 páxinas, en tamaño de manual, e que probabelmente chegaría ás 600 nun formato de peto. Darío é abondo coñecido como poeta —publicou o seu primeiro
-
César Lorenzo Gil. Hai anos Xerais publicou Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, un ensaio sobre ecoloxía lingüística moi interesante que desafortunadamente pasou sen pena nin gloria no seu momento. Entre moitísimas cousas de valor, lembro como Moreira valorizaba o reintegracionismo polas súas achegas varias mais advertíao de que era un erro tomar unha posición mercantilista
-
A editorial Urco, especializada en literatura fantástica, de terror e de ciencia-ficción, vén de convocar o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Nesta primeira edición, a obra gañadora percibirá 3.000 euros. O Premio Antón Risco ten dúas características que o fan senlleiro entre os galardóns literarios. É un certame aberto non só ao idioma galego senón tamén ao portugués. Por
-
No 1986, o autor analizaba a lingua que usaban as editoriais galegas para promover os libros que se publicaban. Xesús González Gómez. Dise, desde hai xa un tempo, que a narrativa galega está a atravesar unha crise que parece xa permanente. Sae un autor, ao que lle custou o inimaxinábel publicar, fáiselle unha recensión de favor e logo, a esquecerse del. Ou
-
Manuel Veiga Taboada. Preguntarse, a estas alturas, qué é a literatura soa a debate obsoleto. Sartre, por exemplo, escribiu un libro titulado así en 1947. Soa tan obsoleto coma se un filósofo actual se preguntase de onde vimos e onde vamos. E isto non ocorre tanto porque xa désemos a pregunta por respondida, como porque temos a impresión de que só
-
Ferramentas. MADISON INOUYE/PEXELS. César Lorenzo Gil. O xornalismo está morto. Ou polo menos en grave crise. Da xente que estudou comigo a carreira só unha mínima parte se dedica a ese oficio, a pesar de que a maioría empezamos a traballar en medios de comunicación ao saírmos da facultade. Non é o lugar para explicar as causas (variadas) que explican a profunda reconversión
-
César Lorenzo Gil. Dores Tembrás (Bergondo, 1979) e Antía Otero (A Estrada, 1982) son escritoras. Otero tamén actriz. Mais nesta entrevista aparecen co último dos seus oficios: editoras. Fundadoras da casa Apiario, en poucos meses conseguiron tres éxitos: recoñecemento crítico aos seus proxectos, atención polo coidado dos seus obxectos a todos os niveis e admiración por un xeito tan novo de
-
Xesús González Gómez. A literatura galega só se diferencia das outras literaturas nun pequeno, ou grande, matiz: está escrita en galego. Todo o demais, son ganas de lle buscarmos cinco pés ao gato. Nin ten trazos diferentes das outras literaturas europeas (onde cabe inscribirnos), nin se define a nosa literatura por elementos determinados que a farían diferente ou distinta das outras
-
César Lorenzo Gil. Unha das tres grandes empresas distribuidoras de libros no Estado español é galega. Leva 30 anos de actividade e conseguiu colocarse no mercado peninsular dun xeito tan estable que lle permite, desde hai anos, conseguir librarías clientes en Asia, América, Europa e incluso África. A distribuidora Arnoia naceu hai 30 anos na periferia de Pontevedra, emprega a 150
-
César Lorenzo Gil. Ultimamente está moi de moda o concepto zona de conforto. Inventado pola psicoloxía e espallado pola autoaxuda, vén ser algo así como o espazo abstracto no que unha persoa se considera máis cómodo para actuar porque acumulou experiencias que lle permiten reaxir con maior efectividade que noutros eidos nos que non domina os parámetros. Eu uso moito a
-
O presente traballo trata de dar continuidade a unha serie de estudos promovidos desde o ano 2020 polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. Nesta ocasión partiuse do obxectivo de abarcar un universo maior que o dos barómetros precedentes, contando con todo o sector, polo que os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicas…).
-
Nada máis rematar o ano 2022 deuse inicio aos traballos de campo da última edición do barómetro. Unha das novidades desta entrega é que ademais de preguntarlles a empresas, administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro, incluíuse unha submostra de profesionais autónomos vinculados á produción cultural. O estudo permite coñecer a percepción das persoas responsables destes organismos sobre a marcha da economía, do sector cultural ou das propias entidades durante 2022, ao tempo que recolle as súas expectativas para 2023. Tamén presta atención a aspectos relevantes como a solicitude de subvencións ou axudas das administracións, a política de investimentos levada a cabo polas entidades, os pasos dados nos procesos de internacionalización e dixitalización, as características do capital humano que compoñen os cadros de persoal, etc. No plano máis puramente valorativo, o estudo somete ao xuízo dos profesionais da cultura cuestións relativas ás debilidades e fortalezas do sector e ao impacto do Ano Santo 2021-2022.
-
Ao comezo do ano 2024 iniciáronse os traballos de campo da terceira edición do Barómetro co obxectivo de analizar e dar conta da situación do sector cultural galego durante 2023, da súa evolución con respecto ao exercicio anterior e das expectativas para 2024. Deste xeito dáse conti-nuidade a unha avaliación do estado da cultura galega dende o punto de vista dos seus axentes fundamentais. O estudo permite coñecer a percepción das persoas entrevistadas con respecto á evolución da economía en xeral, do sector cultural, do seu ámbito de actuación específico e da situación das entidades nas que traballan durante 2023. Así mesmo, recolle as previsións para o ano 2024.
-
A crise sanitaria provocada pola COVID-19 está a ter un impacto moi importante no ámbito cultural. No últimos meses, o Consello da Cultura Galega publicou varios documentos de traballo no que se demostra a especial vulnerabilidade do sector. Este primeiro Barómetro da cultura galega ofrece unha radiografía pormenorizada do que sucede nas empresas culturais galegas dende que empezou a crise do coronavirus.
-
Este novo informe vén a completar unha serie de estudos promovidos polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. O presente documento constitúese como a terceira edición do Barómetro da Cultura Galega, cuxas primeira e segunda partes foron publicadas en xullo de 2020 e marzo de 2021 respectivamente. Se o primeiro barómetro deixaba constancia dos problemas das empresas culturais galegas para afrontar a severa caída da súa facturación e o aumento de despedimentos, no segundo detectábase certa mellora e proxectaba algúns sinais de adaptación á “nova normalidade”. A elaboración deste terceiro barómetro permitirá observar a evolución das empresas do ámbito da cultura en Galicia ao longo dos máis de dezaseis meses transcorridos dende que comezou a crise sanitaria.
Explore
Bibliografia CEG
- Bibliografia CEG (872)
- Resultados do projeto (14)
Editoras
- Editoras 2003- (3.355)
Literatura Dramática
- Audiovisuais (19)
- Ensino (81)
- Eventos (81)
- Infanto-Juvenil (230)
- Prémios (97)
- Sobre teatro (202)
- Tradição (188)
- Tradução (187)
Publication year
- Between 1900 and 1999 (732)
- Between 2000 and 2025 (4.499)
- Unknown (98)