Your search
Results 650 resources
-
As relacións entre literatura e música presentan na Galiza contemporánea un considerábel impacto, se ben, a súa interacción non concitou até o de agora estudo específico ningún. Nun contexto histórico inicialmente condicionado pola censura, a literatura galega encontrará na música unha nova canle para a súa difusión. A partir do levantamento de toda a produción musical de corte pop elaborada na segunda metade do século XX, identificamos e sistematizamos as composicións musicais con base literaria pondo así de manifesto a influencia da interacción entre música e poesía na construción do canon literario.
-
Un breve percorrido pola historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar a María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras galegas 2018, nun lugar de honra. Demóstrase que moitas das obras que conforman a produción da autora, pouco extensa pero intensa, foron fundamentais para a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil galega, de aí que María Victoria sexa recoñecida como unha pioneira na constitución dese sistema literario e unha impulsora da educación literaria, ben planificada, a partir da boa literatura co obxectivo de axudar á conformación de lectores competentes.
Explore
Bibliografia CEG
Publication year
- Between 1900 and 1999 (190)
- Between 2000 and 2024 (435)
- Unknown (25)