Search
Full bibliography 5.329 resources
-
[Resumo] Este traballo estuda a promoción da cultura galega no exterior a través da programación de eventos nos Centros de Estudos Galegos (CEG) da Penínsulta Ibérica (PI) entre 2015 e marzo do 2021. Delimitamos este período en función deste ser o lapso temporal recollido no Portal da Lingua Galega (PGL), nosa fonte principal con carácter institucional. O estudo das estratexias de divulgación dos centros faise seguindo unha metodoloxía descritiva, cuantitativa e relacional por medio do aplicativo Refworks; este permite compilar en termos absolutos toda a información necesaria para a realización deste traballo. Para a abordaxe das accións dos CEG e a súa posterior análise conxunta tamén fixemos uso de ferramentas como o Excel, que nos permitiron xerar figuras e traballar con porcentaxes. A aproximación ao obxecto de estudo é estruturada en tres seccións: en primeiro lugar, demos conta dos pasos seguidos para a elaboración do TFG; en segundo lugar, focamos na análise dos CEG segundo os espazos culturais a que estes pertencen, abordando tanto a súa historia como a descrición das súas actividades no período analizado; en terceiro lugar, realizamos unha análise conxunta das accións dos CEG, describindo a súa tipoloxía en profundidade e analizando os trazos que definen cada espazo. Constatamos que un estudo exaustivo dos CEG non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo determinamos cuestións tales como o período máis e menos activo para cada territorio vinculado aos CEG, os campos culturais presentes e predominantes en cada un ou o formato das actividades, entre outros aspectos. Entre as conclusións puidemos observar que o evento tipo ten a ver con conferencias, coloquios ou proxeccións que focan na literatura, na música ou no cinema. As ferramentas elixidas cumpren as nosas necesidades e permiten levarmos a cabo análises de tipo cuantitativo, cualitativo e relacional que achegan información ao tempo que describimos as estratexias culturais seguidas polos CEG no período escollido. Finalmente, logo da preparación deste traballo o camiño cara a novas interpretacións deste obxecto de estudo fica aberto.
-
Esta monografía presenta resultados del proyecto de investigación CULTURFIL El objetivo principal es establecer un marco de referencia sobre la proyección cultural, tomando como modelo las principales ferias internacionales del libro y sus invitados de honor
-
O presente traballo traza a traxectoria de Xela Arias como editora, dende o propio momento da creación de Xerais, no ano 1980, cando empezou a traballar como oficinista da empresa. En 1982 comezou a desenvolver tarefas de edición de mesa dos textos literarios de coleccións como Ventobranco, Monte e Fontes, Grandes Mestres, Extramuros e, con especial interese, Xabarín, a primeira de traducións cara ao galego de clásicos da literatura xuvenil. De formación autodidacta, mantivo unha alta responsabilidade con respecto á calidade da lingua dos textos, sendo as súas interpretacións moi relevantes no proceso de fixación da norma ortográfica de 1983 cos criterios que existían no momento e converténdose nunha das pioneiras da edición galega. This study traces Xela Arias’ career as an editor, from the creation of the Xerais publishing house in 1980, when she started working in the company office. In 1982, she began to work in desktop publishing of literary texts from collections such as Ventobranco, Monte e Fontes, Grandes Mestres, Extramuros and, in particular, Xabarín, the first of its kind to publish translations into Galician of children’s literary classics. Self-taught, she was in a highly-responsible position with regard to the quality of the language of the texts. Her interpretations proved highly relevant in the process of setting the orthographic standard of 1983 with the criteria that existed at the time and she became one of the pioneers editing in Galician.
-
César Lorenzo Gil Nas últimas semanas xurdiron en Galicia dous novos premios literarios. O Concello de San Xoán do Río convocou a primeira edición do Premio de Novela da Galicia Rural. Segundo a organización, nace para
-
César Lorenzo Gil Nas últimas semanas xurdiron en Galicia dous novos premios literarios. O Concello de San Xoán do Río convocou a primeira edición do Premio de Novela da Galicia Rural. Segundo a organización, nace para
Explore
Bibliografia CEG
- Bibliografia CEG (872)
- Resultados do projeto (14)
Editoras
- Editoras 2003- (3.355)
Literatura Dramática
- Audiovisuais (19)
- Ensino (81)
- Eventos (81)
- Infanto-Juvenil (230)
- Prémios (97)
- Sobre teatro (202)
- Tradição (188)
- Tradução (187)
Publication year
- Between 1900 and 1999 (732)
- Between 2000 and 2024 (4.499)
- Unknown (98)