Your search
Results 2.704 resources
-
[Resumo] O obxectivo deste traballo é o estudo do proceso de canonización de Manuel María (1929-2004) a través das antoloxías poéticas da súa obra redixidas entre o ano do seu falecemento e o ano 2016, en que lle foi dedicado o Día das Letras Galegas. Para iso, foi levantado o coñecemento existente sobre o obxecto de estudo, para despois abstraer e extraer os criterios de selección de materiais e de atribución de valor presentes no corpus definido e seleccionado previamente. Con base no método de lectura cercana analizamos as composicións poéticas a conformaren as antoloxías e tiramos conclusións sobre os criterios de selección presentes nelas e sobre os materiais poéticos que son promovidos polos grupos envolvidos no proceso de canonización de Manuel María. As antoloxías analizadas reflectirán os intereses, as estratexias e as tomadas de posición de varios grupos do campo literario galego, a interviren, con obxectivos e métodos diferentes, no proceso de canonización de Manuel María durante o período acoutado.
Explore
Bibliografia CEG
- Bibliografia CEG (252)
- Resultados do projeto (4)
Editoras
- Editoras 2003- (2.436)