Análise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021
Resource type
Dissertação
Author/contributor
- Hermida Silva, Andrea (Autor)
Título
Análise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021
Resumo
[Resumo] Este traballo estuda a promoción da cultura galega no exterior a través da programación de eventos nos Centros de Estudos Galegos (CEG) da Penínsulta Ibérica (PI) entre 2015 e marzo do 2021. Delimitamos este período en función deste ser o lapso temporal recollido no Portal da Lingua Galega (PGL), nosa fonte principal con carácter institucional. O estudo das estratexias de divulgación dos centros faise seguindo unha metodoloxía descritiva, cuantitativa e relacional por medio do aplicativo Refworks; este permite compilar en termos absolutos toda a información necesaria para a realización deste traballo. Para a abordaxe das accións dos CEG e a súa posterior análise conxunta tamén fixemos uso de ferramentas como o Excel, que nos permitiron xerar figuras e traballar con porcentaxes.
A aproximación ao obxecto de estudo é estruturada en tres seccións: en primeiro lugar, demos conta dos pasos seguidos para a elaboración do TFG; en segundo lugar, focamos na análise dos CEG segundo os espazos culturais a que estes pertencen, abordando tanto a súa historia como a descrición das súas actividades no período analizado; en terceiro lugar, realizamos unha análise conxunta das accións dos CEG, describindo a súa tipoloxía en profundidade e analizando os trazos que definen cada espazo.
Constatamos que un estudo exaustivo dos CEG non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo determinamos cuestións tales como o período máis e menos activo para cada territorio vinculado aos CEG, os campos culturais presentes e predominantes en cada un ou o formato das actividades, entre outros aspectos. Entre as conclusións puidemos observar que o evento tipo ten a ver con conferencias, coloquios ou proxeccións que focan na literatura, na música ou no cinema. As ferramentas elixidas cumpren as nosas necesidades e permiten levarmos a cabo análises de tipo cuantitativo, cualitativo e relacional que achegan información ao tempo que describimos as estratexias culturais seguidas polos CEG no período escollido. Finalmente, logo da preparación deste traballo o camiño cara a novas interpretacións deste obxecto de estudo fica aberto.
Data
2021
Língua
glg
Acedido
2024-01-05T10:12:40Z
Catálogo de Biblioteca
ruc.udc.es
Extra
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021
Citation
HERMIDA SILVA, Andrea, 2021. Análise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021 [em linha]. [Acesso em 5 janeiro 2024]. Disponível em: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/29748
[Resumo] Este traballo estuda a promoción da cultura galega no exterior a través da programación de eventos nos Centros de Estudos Galegos (CEG) da Penínsulta Ibérica (PI) entre 2015 e marzo do 2021. Delimitamos este período en función deste ser o lapso temporal recollido no Portal da Lingua Galega (PGL), nosa fonte principal con carácter institucional. O estudo das estratexias de divulgación dos centros faise seguindo unha metodoloxía descritiva, cuantitativa e relacional por medio do aplicativo Refworks; este permite compilar en termos absolutos toda a información necesaria para a realización deste traballo. Para a abordaxe das accións dos CEG e a súa posterior análise conxunta tamén fixemos uso de ferramentas como o Excel, que nos permitiron xerar figuras e traballar con porcentaxes. A aproximación ao obxecto de estudo é estruturada en tres seccións: en primeiro lugar, demos conta dos pasos seguidos para a elaboración do TFG; en segundo lugar, focamos na análise dos CEG segundo os espazos culturais a que estes pertencen, abordando tanto a súa historia como a descrición das súas actividades no período analizado; en terceiro lugar, realizamos unha análise conxunta das accións dos CEG, describindo a súa tipoloxía en profundidade e analizando os trazos que definen cada espazo. Constatamos que un estudo exaustivo dos CEG non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo determinamos cuestións tales como o período máis e menos activo para cada territorio vinculado aos CEG, os campos culturais presentes e predominantes en cada un ou o formato das actividades, entre outros aspectos. Entre as conclusións puidemos observar que o evento tipo ten a ver con conferencias, coloquios ou proxeccións que focan na literatura, na música ou no cinema. As ferramentas elixidas cumpren as nosas necesidades e permiten levarmos a cabo análises de tipo cuantitativo, cualitativo e relacional que achegan información ao tempo que describimos as estratexias culturais seguidas polos CEG no período escollido. Finalmente, logo da preparación deste traballo o camiño cara a novas interpretacións deste obxecto de estudo fica aberto.
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021
Bibliografia CEG
Link to this record