GALANES SANTOS, Iolanda, 2018. A proxección exterior da literatura galega e Carlos Casares: obstáculos e estratexias.
Boletín Galego de Literatura [em linha]. 3 novembro 2018. no. 53. [Acesso em 4 janeiro 2024]. DOI 10.15304/bgl.53.5032. Disponível em: https://revistas.usc.gal/index.php/bgl/article/view/5032
A literatura galega afianzou a súa proxección exterior a través da intra e da extratradución, sobre todo desde a cooficialidade do idioma (1981). Unha peza importante neste proceso é o activismo intelectual, editorial e tradutolóxico de Carlos Casares. Neste artigo analizamos a proxección exterior da literatura galega desde o marco da Socioloxía da Tradución (Heilbron e Sapiro, 2002) conforme ao modelo de obstáculos e dificultades á tradución (Sapiro dir., 2012). A partir dos datos da Biblioteca da Tradución Galega (BITRAGA) e de documentación publicada e inédita de Casares, identificamos as dificultades de proxección dunha literatura minorizada, bosquexamos as regras de relación entre sistemas literarios na época partindo dunha posición subalterna e consignamos, de ser o caso, as súas estratexias para rebordar esas dificultades.