Bibliografia CEG

Políticas de tradución inglés-galego-inglés desde os anos noventa: diálogos de ida e volta

Resource type
Secção de Livro
Author/contributor
Título
Políticas de tradución inglés-galego-inglés desde os anos noventa: diálogos de ida e volta
Resumo
[Resumo] Até ben entrada a década dos oitenta, a tradución serviu para prestixiar a lingua e cubrir moitos baleiros do campo literario galego, sobre todo o que ía directamente dirixido ás persoas máis cativas. Ademais, a escolla dos temas e obras pretendía fortalecer un ideario identificador como foi o labor das e dos intelectuais da época Nós. Aínda que estas funcións seguen a ter a súa relevancia, con este traballo demostramos que a produción literaria traducida desenvolve outras facetas nos últimos anos. A función normalizadora lingüística pasa a un segundo posto nesta última década para outorgarlle o protagonismo á normalización cultural. Como veremos na análise realizada a partir dos datos, a tradución fai posible que se incorporen ao patrimonio cultural galego novos discursos, coñecementos e formas de pensamento, que se afastan en ocasións, da dinámica xeral que caracteriza as linguas fortes ou hexemónicas. A preocupación por traducir textos procedentes de novos lugares e novas materias é cada vez maior, aínda que seguimos a depender dos sistemas máis próximos que deciden o canon, e esa dependencia por veces tampouco é allea a territorios máis distantes importados. É imprescindible decatarse de que temos unha visión europeísta e limitada do que se considera universal, e o papel da investigación debe ser o de interesarse, tanto polas motivacións que conducen a que un texto sexa traducido e como se traduce, así como polos discursos creados ao seu redor e as razóns que levan a que determinados textos e autorías non cheguen a ver a luz.
Título do Livro
Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos
Local
Corunha
Editora
Universidade da Coruña
Data
2013
Língua
glg
ISBN
978-84-9749-557-8
Acedido
2024-01-05T09:55:18Z
Catálogo de Biblioteca
ruc.udc.es
Direitos
info:eu-repo/semantics/openAccess
Extra
Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos, 2013: 101-125. ISBN: 978-84-9749-557-8
Citation
LORENZO-MODIA, María Jesús, 2013. Políticas de tradución inglés-galego-inglés desde os anos noventa: diálogos de ida e volta. Em: Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos [em linha]. Corunha: Universidade da Coruña. [Acesso em 5 janeiro 2024]. ISBN 978-84-9749-557-8. Disponível em: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/13523