Full bibliography

A comunicación en Galicia 2013

Resource type
Página Web
Título
A comunicación en Galicia 2013
Resumo
Os vinte anos transcorridos dende que o Consello da Cultura Galega editara o primeiro informe da comunicación en Galicia deixáronnos cambios substanciais no sector. A unha significativa eclosión de empresas, medios e proxectos sucedeulle a presente crise económica, con forte impacto no ámbito comunicativo. As augas baixan revoltas, con moitos interrogantes sen resposta, tanto para as empresas como para os xornalistas, e cun convencemento xeral de que no futuro haberá grandes transformacións na industria e na profesión. As dezasete contribucións que inclúe este volume -o último en formato papel- constatan as grandes mudanzas producidas dende hai dúas décadas en Galicia en eidos como a radio, a televisión, a industria publicitaria, as relacións públicas, a prensa, o cine, a internet, as novas tecnoloxías, a lingua galega ou a profesión xornalística. Amosan tamén que o mañá se albisca cheo de incertezas e de oportunidades, se a brétema dos avances tecnolóxicos e da crise económica non nos fai esquecer a importancia dos contidos e da sociedade que, de xeito cada vez máis activo e crítico, os recibe e emite. Pero iso deberá analizarse nos informes futuros, que verán a luz só en edición dixital. Cousas dos tempos da nova etapa.
Acedido
2024-05-30T10:45:42Z
Língua
en-US
Citation
A comunicación en Galicia 2013, [sem data]. [em linha]. [Acesso em 30 maio 2024]. Disponível em: https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=1900
Os vinte anos transcorridos dende que o Consello da Cultura Galega editara o primeiro informe da comunicación en Galicia deixáronnos cambios substanciais no sector. A unha significativa eclosión de empresas, medios e proxectos sucedeulle a presente crise económica, con forte impacto no ámbito comunicativo. As augas baixan revoltas, con moitos interrogantes sen resposta, tanto para as empresas como para os xornalistas, e cun convencemento xeral de que no futuro haberá grandes transformacións na industria e na profesión. As dezasete contribucións que inclúe este volume -o último en formato papel- constatan as grandes mudanzas producidas dende hai dúas décadas en Galicia en eidos como a radio, a televisión, a industria publicitaria, as relacións públicas, a prensa, o cine, a internet, as novas tecnoloxías, a lingua galega ou a profesión xornalística. Amosan tamén que o mañá se albisca cheo de incertezas e de oportunidades, se a brétema dos avances tecnolóxicos e da crise económica non nos fai esquecer a importancia dos contidos e da sociedade que, de xeito cada vez máis activo e crítico, os recibe e emite. Pero iso deberá analizarse nos informes futuros, que verán a luz só en edición dixital. Cousas dos tempos da nova etapa.
Bibliografia CEG