Full bibliography

O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005

Resource type
Dissertação
Author/contributor
Título
O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005
Resumo
As publicacións autoeditadas denominadas fanzines ou zines, son a expresión máis destacada do chamado xornalismo amateur ou non profesional. A libertade creativa e de opinión case sen límites e os custes case inexistentes de produción e distribución, converteron a estas publicacións en plataformas idóneas para que o público coñecese movementos como o punk, o okupa, o hardcore, o antimilitarista e o antiautoritario. Este tipo de medios axudaron tamén a identificar comunidades de xente nova que trataron de resistir o que consideraban inxusto, como o desemprego, a falta de vivenda ou o servizo militar obrigatorio. Os fanzines crearon comunidades que se autoidentificaban e autoafirmaban diante dos denominados poderes cívicos e políticos. Isto mesmo aconteceu na Galiza entre os anos 1990 e 2005, durante os gobernos autonómicos presididos por Manuel Fraga. Os fanzines deron a coñecer a especulación urbanística, o abandono mendioambiental por parte das autoridades, as alternativas ao servizo militar e a creación de circuítos para a música punk, metal e hard. Os fanzines tentaron romper coa monotonía do discurso imperante naquela época dunha Galiza normalizada e pacífica. Tamén quixeron romper coa univocidade dos medios de comunicación que naquel tempo foran acusados de altofalantes das políticas do goberno Fraga debido fundamentalmente, ás axudas recibidas do goberno autonómico. Os fanzines foron medios creados por colectivos sociais que non se vían reflectidos na prensa diaria e xeralista.
Tipo
doctoral thesis
Data
2016-04-19
Língua
glg
Acedido
2024-05-30T09:12:44Z
Catálogo de Biblioteca
minerva.usc.es
Direitos
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
Extra
Accepted: 2016-04-19T10:06:18Z
Citation
FERNÁNDEZ MARIÑO, Ramón, 2016. O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005 [em linha]. doctoral thesis. [Acesso em 30 maio 2024]. Disponível em: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/14616
As publicacións autoeditadas denominadas fanzines ou zines, son a expresión  máis destacada do chamado xornalismo amateur ou non profesional. A libertade creativa  e de opinión case sen límites e os custes case inexistentes de produción e distribución,  converteron a estas publicacións en plataformas idóneas para que o público coñecese  movementos como o punk, o okupa, o hardcore, o antimilitarista e o antiautoritario. Este  tipo de medios axudaron tamén a identificar comunidades de xente nova que trataron de  resistir o que consideraban inxusto, como o desemprego, a falta de vivenda ou o servizo  militar obrigatorio. Os fanzines crearon comunidades que se autoidentificaban e  autoafirmaban diante dos denominados poderes cívicos e políticos. Isto mesmo  aconteceu na Galiza entre os anos 1990 e 2005, durante os gobernos autonómicos  presididos por Manuel Fraga. Os fanzines deron a coñecer a especulación urbanística, o  abandono mendioambiental por parte das autoridades, as alternativas ao servizo militar e  a creación de circuítos para a música punk, metal e hard. Os fanzines tentaron romper  coa monotonía do discurso imperante naquela época dunha Galiza normalizada e  pacífica. Tamén quixeron romper coa univocidade dos medios de comunicación que  naquel tempo foran acusados de altofalantes das políticas do goberno Fraga debido  fundamentalmente, ás axudas recibidas do goberno autonómico. Os fanzines foron  medios creados por colectivos sociais que non se vían reflectidos na prensa diaria e  xeralista.
Accepted: 2016-04-19T10:06:18Z
Bibliografia CEG