ROIG-RECHOU, Blanca Ana, 2019. Un lugar de honra na LIX. María Victoria Moreno.
Boletín da Real Academia Galega [em linha]. 29 maio 2019. no. 379, p. 11. [Acesso em 4 janeiro 2024]. DOI 10.32766/brag.379.719. Disponível em: http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/719
Un breve percorrido pola historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar a María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras galegas 2018, nun lugar de honra. Demóstrase que moitas das obras que conforman a produción da autora, pouco extensa pero intensa, foron fundamentais para a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil galega, de aí que María Victoria sexa recoñecida como unha pioneira na constitución dese sistema literario e unha impulsora da educación literaria, ben planificada, a partir da boa literatura co obxectivo de axudar á conformación de lectores competentes.