As políticas de tradución no caso galego, 2013. Em:
Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos [em linha]. Corunha: Universidade da Coruña. [Acesso em 4 janeiro 2024]. Disponível em: http://hdl.handle.net/2183/13522
Neste traballo ofrecemos unha análise das políticas de tradución da Xunta de Galicia, dando conta tanto do apoio económico das últimas décadas como do apoio loxístico que a Administración galega prestou co fin de promover a tradución de textos do e ao galego. Para poder optimizar os esforzos neste ámbito, insistimos na creación dunha «Oficina do Libro» que analice e aconselle estratexias de actuacións en materia de tradución. Canto ás subvencións, constatamos que cumprirían partidas orzamentarias máis xenerosas para poder apoiar as traducións do e ao galego, así como unha revisión e ampliación das actuación neste eido. Propoñemos promover a tradución de textos diferenciadores ou á marxe da cultura hexemónica e relegar a tradución (importación) de clásicos a un segundo plano.
Lingua e tradución. IX Xornadas sobre lingua e usos, 2013: 41-62. ISBN: 978-84-9749-557-8