Your search
Results 59 resources
-
Recompílanse as fichas bibliográficas de todas as obras exentas publicadas en lingua galega ao longo do século XX e ata o ano 2008, de modo que se ofrece un repositorio da produción para a infancia e xuventude organizada en dous apartados, as obras publicadas en lingua galega e as obras traducidas a esta lingua.
-
Os membros da Red Temática de Investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) achegan en As mulleres como axentes literarias na LIX do século XXI diferentes reflexións sobre o papel das mulleres na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste volume estudos e comentarios que serven para observar o papel imprescindible de autoras, ilustradoras, investigadoras, tradutoras ou editoras na LIX de diferentes ámbitos do marco ibérico e iberoamericano.
-
Abórdase de forma xeral a relación que existe entre a ilustración, a literatura e a banda deseñada, insistindo nas particularidades desta modalidade artística. Tras un breve percorrido histórico sobre os que se consideran os antecedentes da narración en imaxes, o estudo céntrase na vinculación do cómic coa prensa diaria e as revistas de publicación periódica, ademais de explicar as técnicas de reprodución que se empregaron para a difusión do xénero e os estilos dominantes a nivel global. Resúmese tamén a historia da banda deseñada galega dende o seu nacemento na década de 1970 até a actualidade, ofrecendo ao final unha selección dos creadores máis influentes no seu desenvolvemento, analizando os seus estilos respectivos e as principais referencias que se constatan nos seus traballos.