Your search
Results 2 resources
-
[Resumo] O feminismo foi un elemento clave para a transformación dos modelos de nenas e de mulleres que aparecían na literatura infantil e xuvenil. Sendo este ámbito de produción iteraria o primeiro que incide na formación lectora, o tratamento dos sexos e dos xéneros que amosan estas ficcións resulta fundamental para axudar a establecer os valores da feminidade e da masculinidade nas cativas e cativos. Esta achega propón unha visión panorámica a través dos personaxes de mulleres que aparecen na literatura infantoxuvenil galega para analizar que tipo de modelos se lles presentan á infancia e á mocidade dende estas obras e cales son as posibles liñas de evolución asociadas a cada etapa
-
Este artigo afonda nas tarefas levadas a cabo por Carlos Casares como mediador (editor, tradutor e conferenciante, fundamentalmente) e escritor (un oficio que se ve mediatizado polas funcións anteriores) de literatura infantil durante o período 1986-2002. Aínda que se pensaba que as outras angueiras do intelectual total que era o afastaran deste campo literario, estas páxinas demos-tran como mantivo, tamén nesta etapa un interese e un traballo constantes a prol das letras para a infancia derivados, fundamentalmente, do seu labor como editor., This essay takes a closer look at the work of Carlos Casares as a mediator (publisher, translator and lecturer, fundamentally) and writer of chil-dren’s literature during the period 1986-2002. Despite the widespread opinion that his other intellectual duties drove him away from this literary field, these pages show that he kept both an enduring interest and a continuous work for the benefit of children ́s literature in those years, basically as a consequence of his publishing career., SI